Que é ISTAS

O Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS) é unha fundación autónoma de carácter técnico-sindical promovida por Comisións Obreiras (CC OO) co obxectivo xeral de impulsar actividades de progreso social para a mellora das condicións de traballo, a protección do medio ambiente e a promoción da saúde dos traballadores e traballadoras no ámbito do estado español.

O Instituto foi creado en 1996 por CC OO. Isto significa que ISTAS fai parte do esforzo colectivo por lograr unha sociedade humana de persoas iguais e libres, baseada na solidariedade e no desenvolvemento socialmente xusto e ambientalmente sostible.

ISTAS é unha fundación científico técnica.

Actúa baixo os seguintes principios:

  • servizo á clase traballadora
  • rigor técnico-científico
  • autonomía de funcionamento e técnica
  • incardinación na estratexia e os obxectivos establecidos con CC OO

A súa natureza xurídica é a de fundación laboral autónoma sen ánimo de lucro promovida por CC OO e constituída baixo o protectorado do Ministerio de Traballo. Os datos de rexistro poden consultarse no documento «Identificación legal y fiscal».

A orientación, plans de traballo, memorias, balances e xestión da Fundación están sometidos á dirección e control do seu Padroado, que establece as prioridades, tarefas e asignacións orzamentarias.

Os contidos desta sección son:

viñeta Vinculación don CC OO
viñeta Ao servizo dos traballadores e traballadoras