Todas as investigacións, estudos, publicacións e actuacións de ISTAS están encamiñadas a lograr o seu obxectivo fundacional: a protección da saúde laboral e o medio ambiente.
Co seu traballo, ISTAS fortalece a capacidade sindical do conxunto da representación legal dos traballadores e traballadores e, moi especialmente, a das delegadas e delegados de prevención.
Dado o papel e os dereitos que a Lei de prevención de riscos laborais (LPRL) lle dá á figura do delegado de prevención, unha gran parte do traballo da Fundación centrouse en dotala de medios de información, formación e asesoramento e de ferramentas de traballo para a súa intervención nas empresas.
Ante a aparición de novas figuras de representación dos traballadores nalgúns acordos territoriais e convenios sectoriais, como a do delegado ambiental, ISTAS está a desenvolver os instrumentos e recursos necesarios para apoiar os delegados na súa acción.
Exemplos do anterior son: Guía del Delegado y Delegada de Prevención; La prevención de riesgos en los lugares de trabajo, Guía para la Intervención: la prevención del riesgo químico en el lugar de trabajo; Organización del trabajo, Salud y Riesgos Psicosociales. Guía para la invervención sindical. Estes materiais distribúense en papel a través do sindicato, pero tamén podes descargalos desde esta páxina web. Podes atopar máis referencias en ferramentas para delegados e delegadas de prevención.