ISTAS é un proxecto incardinado na estratexia sindical de CC OO. A súa principal misión é apoiar mediante o coñecemento técnico e especializado a acción sindical nos temas relacionados coa saúde laboral e o medio ambiente; neste último aspecto, nomeadamente respecto aos problemas derivados da actividade produtiva humana.
ISTAS presta asesoramento e asistencia técnica á Confederacion Sindical de CC OO, tanto aos órganos de dirección confederal como a todas as direccións das federacións e das organizacións territoriais que a compoñen.
Mantén unha estreita cooperación coas persoas responsables de saúde laboral e medio ambiente das secretarías correspondentes nas organizacións federais e territoriais, e mais cos seus respectivos equipos técnicos.
Colabora dende o seu ámbito de especialización coas fundacións e entidades de CC OO, como FOREM e a Escola Sindical Muñiz Zapico nos aspectos formativos, coa Fundación Paz e Solidariedade nos correspondentes á cooperación e apoio a organizacións sindicais de África, América Latina e Asia, e coa Fundación Primeiro de Maio na reflexión sobre os novos retos do sindicalismo. Así mesmo, colabora coa Fundación Laboral Internacional polo desenvolvemento sostible SustainLabour.
Ademais das tarefas específicas do plan de traballo anual de ISTAS, descritas en Que facemos e Proxectos e actividades, algúns exemplos de tarefas de apio efectuadas á Confederación Sindical de CC OO son:
- Asesoramento na preparación de reunións e documentos ante os Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, Sanidade e Consumo, Medio Ambiente, Industria e Enerxía; así como nos organismos consultivos, en especial á Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, o Consello Asesor de Medio Ambiente e o Consello Nacional do Clima.
- Elaboración de borradores de protocolos de intervención sindical.
- Participación en comisións de traballo comunitarias da UE.
- Participación en reunións e debates internacionais en colaboración coas iniciativas de cooperación de CC OO, especialmente en Latinoamérica e o Caribe.